Saturday 18 de May de 2024

Trenor destaca o investimento da Xunta de máis 600.000 euros na comarca de Bergantiños-Costa da Morte para mellorar o sue potencial turístico


O delegado da Xunta visitou o establecemento Apartahotel Ría de Lires obxecto de varias destas axudas para o litoral que lle permitiu mellorar o seu equipamento

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou, esta mañá, o establemento Aparthotel de Lires , beneficiado pola orde de axudas a establecementos turísticos que estean situados en concellos do litoral galego para levar a cabo actuacións de embelecemento nos seus locais. Esta liña de axudas está enmarcada no Plan Litoral de Galicia que puxo en marcha a Xunta con 2.075.000 euros para toda Galicia de fondos Next Generation. Na comarca de Bergantiños Costa da Morte dez establecementos turísticos de Cee, Fisterra e Dumbría recibiron apoios por un importe total de más de 119.000 euros.

Os posibles beneficiarios eran os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos; así como restaurantes, cafeterías e bares. As axudas a establecementos turísticos dividíronse en dúas liñas de actuación subvencionables: tecnoloxías ambientais e mellora da fachada turística do litoral
Trenor puso en valor o gran esforzo desde a Xunta de Galicia está a realizar nesta comarca para mellorar o seu potencial turístico. Concretamente, a través das distintas liñas que abriu, este ano, Turismo de Galicia repartíronse en total 43 axudas por un importe total de máis de 630.000 euros de embelecemento do litoral (tanto en establecementos como en concellos), mellora de infraestruturas turísticas e promoción da dixitalización e de Q de Calidade.
O delegado territorial destacou que “a Costa da Morte ten todos os requisitos para lograr incrementar o peso do seu sector turístico na súa economía e na súa sociedade, polo que mediante investimentos e subvencións como estas a Xunta de Galicia traballa para facer desta comarca un destino turístico competitivo, sustentable e diferenciado a nivel global”.
Embelecemento litoral concellos
Neste sentido, o delegado da Xunta lembrou que, dentro do Plan Litoral de Galicia Turismo de Galicia tamén reservou 4,4 M€ para que os concellos galegos mellorasen e potenciasen o litoral galego actuando sobre os seus recursos naturais, patrimoniais e culturais con usos turísticos. As achegas dirixidas a concellos do litoral divídironse en tres liñas: transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares, transición dixital dos recursos con potencial turístico e transición accesible.
Na comarca de Bergantiños Costa da Morte a Xunta de Galicia financiará con máis de 382.000 euros un total de 11 proxectos municipais de embelecemento do litoral en oito concellos, en Dumbría, Corcubión, A Laracha, Cee, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas e Muxía. Esta convocatoria da Axencia de Turismo de Galicia ten por obxecto a rehabilitación de espazos singulares, a levar a cabo accións que contribúan a unha mellora da integración coa paisaxe, á mellora da fachada turística e a corrixir impactos paisaxísticos en zonas costeiras.

Trenor subliñou que “a Xunta considera unha prioridade a recuperación da fachada do litoral galego onde se localizan numerosas vilas e cidades, así como gran cantidade de infraestruturas en desuso. Desa necesidade de mellorar e potenciar o litoral, actuando sobre os seus recursos naturais, culturais e patrimoniais, nacen estas axudas”.
Infraestruturas turísticas
O representante do Goberno galego referiuse tamén á orde de mellora das infraestructuras turísticas, dotada con 3M€, que deixan nesta comarca otros 78.000 euros para a seguir mellorando a accesibilidade na fervenza do Ézaro, para renovar a área recreativa de Alto da Vela en Camariñas e para suministro de cubrecontedores en Cee.
Esta orde procura a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional. Ademais, apoia a mellora da accesibilidade a estes recursos coa eliminación de barreiras arquitectónicas e da súa sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna.
Dixitalización – Q Calidade
Trenor tamén puxo en valor que nesta comarca a Xunta otorgou 11 axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico por un importe de máis de 48.000 euros. Os beneficiarios desta zona foron empresas de Carballo, Cee, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica e Muxía. Estes apoios teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.
O delegado da Xunta subliñou finalmente que oitos establecementos de Carballo, Cee, Fisterra e Muxía solicitaron subvencións para establecementos e servizos turísticos para a obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), que tamén veñen de resolverse. O obxectivo fundamental desta resolución é impulsar, promover e apoiar as iniciativas de calidade necesarias, para cumprir os exixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade Turística Española que considera o prestixio, a fiabilidade, a rigorosidade e a profesionalidade dos establecementos avaliados.
Trenor rematou reiterando que con todas estas ordes Turismo de Galicia quere propiciar un marco favorable para a creación e o desenvolvemento de iniciativas turísticas de calidade, dado o peso do sector turístico no conxunto da economía da nosa comunidade autónoma que se reflicte no impulso das economías locais e na creación de emprego.
Datos turísticos
Trenor destacou os excelentes datos turísticos acumulados ata o mes de setembro, que poñen en evidencia que nesta comarca estanse facendo as cousas ben.

Nos primeiros nove meses deste ano 2023 obsérvase un comportamento positivo da demanda hoteleira no destino Costa da Morte. En concreto, o volume de noites increméntase un 11,6% en relación ao mesmo período do pasado ano como consecuencia dunha mellora da estadía media pois a cifra de viaxeiros aloxados cae un 7,2%.

Este incremento permite superar tamén o nivel de demanda previo á pandemia, dos primeiros nove meses de 2019 -nun 45%- e rexistrar así un máximo da serie histórica con 287 mil pernoctacións no segmento hoteleiro.